deprecatio*
deprecatio*
s
f
[LIT]
Figura retórica de pensamento incluída nas denominadas patéticas, que introduce unha pausa nun discurso para solicitar a clemencia do interlocutor por unha falta cometida. O seu desenvolvemento habitual consiste na enumeración dos méritos e padecementos sufridos polo implicado para conseguir a condonación da pena imposta. Se o destinatario é unha divindade ou ser superior recibe o nome de obsecratio. Empregouse na épica, na traxedia grecolatina e na poesía amorosa do Renacemento.