dermatoloxía

dermatoloxía

(< dermato- + -loxía)

s f [MED]

Parte da medicina que ten por obxecto o estudo e o tratamento das doenzas da pel e dos seus anexos como o pelo, as unllas e as glándulas sebáceas. O primeiro texto dedicado ao estudo das doenzas cutáneas foi De morbis cutaneis (1572), de Girolamo Mercuriali, aínda que a constitución dos estudios dermatolóxicos como especialidade non tivo lugar ata o s XVIII. François Rayer, no Traité théorique et pratique des maladies de la peau (Tratado teórico e práctico das enfermidades da pel, 1826), introduciu o criterio anatomopatolóxico para enfocar a clasificación das afeccións cutáneas. A interpretación fisiopatolóxica e constitucional da dermatoloxía iniciouse a comezos do s XX coa obra de Josef Jadassohn e Bruno Bloch.