desalinización

desalinización

(< desalinizar)

  1. s f [FÍS]

    Proceso de obtención de auga potable a partir de auga que, pola concentración de ións, non é apta para usos industriais ou domésticos. A desalinización realízase, principalmente, en zonas litorais onde existe unha carencia total de auga potable. Hai dúas clases de desalinización; a primeira inclúe os métodos que separan o disolvente da auga salgada: destilización con múltiple efecto, compresión de vapor e conxelación con refrixerante inmiscible; a segunda inclúe os métodos que separan o sal da disolución e son os baseados na electrodiálise, no intercambio iónico e na osmose. O método da destilación con múltiple efecto baséase na evaporación e é o máis empregado. As primeiras unidades de desalinización por destilación simple instaláronse en barcos, mentres que a primeira planta en terra firme construíuse en Exipto en 1912.

  2. s f [XEOG]

    Acción de disolver ou simplemente eliminar a concentración salina dun terreo, como a que se dá en rexións de clima árido ou semiárido, á beira do mar ou dun lago salino, nos que se dan poucos cultivos.

  3. s f [IND]

    Eliminación do sal que contén en disolución o petróleo en bruto.

Palabras veciñas

desaliñado -da | desaliñamento | desaliñar | desalinización | desalinizador -ra | desalinizar | desaliño