descafeinación
descafeinación
(< descafeinar)
-
s
f
Acción e efecto de descafeinar.
-
s
m
[ALIM]
Operación á que se someten os grans de café para eliminarlles a cafeína e suprimir as posibles accións fisiolóxicas non convenientes, sen que cambien as súas características organolépticas. O proceso consiste en extraer a cafeína con auga quente a 93°C, e despois separala con disolventes orgánicos co fin de que estes non estean en contacto co café. A cafeína extraída utilízase na industria farmacéutica.