descalcificación

descalcificación

(

  1. s f [XEOL]

    Forma de erosión que consiste na desaparición do carbonato cálcico das rochas calcarias. É o proceso fundamental da formación do relevo cárstico.

  2. s f [PAT]

    Diminución do calcio dos ósos ou doutros tecidos.

  3. s f [XEOL]

    Eliminación do calcio presente no complexo de absorción do solo.

  4. s f [QUÍM]

    Eliminación, nunha auga dura, dos catións Ca 2+ e Mg 2+ , transformándoa en auga branda; normalmente este proceso faise con resinas de intercambio iónico.

  5. s f [BOT]

    Acción de disolver a calcificación de certos vexetais para o seu estudio.