descarburación

descarburación

(< descarburar)

s f [IND]

Tratamento que reduce a cantidade de carbono dun produto metalúrxico. A fabricación de aceiro comporta unha descarburación do ferro coado procedente dos altos fornos. Nos procedementos Bessemer e Thomas a descarburación prodúcese por unha forte corrente de aire que atravesa o ferro en estado líquido. No procedemento Martin-Siemens o ferro descarbúrase grazas á adición de metal oxidado. O proceso de maleabilización do ferro coado tamén é unha descarburación.