desconexión

desconexión

(< desconectar)

  1. s f

    Acción de desconectar ou desconectarse.

    Ex: A desconexión do sistema de alarma faise todos os días ás dez da mañá.

    Antónimos: conexión.
  2. s f

    Falta de conexión ou de relación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    Ex: A desconexión entre os traballadores impide que se chegue a un acordo.

    Antónimos: conexión.