descrido -da

descrido -da

(< descrer)

  1. p reg

    de descrer.

  2. adx e s

    Que ou quen non cre ou perdeu a fe relixiosa.

    Ex: Nunca reza porque é un descrido. O descrido de teu irmán non quere oír falar dun casamento pola igrexa.

    Sinónimos: descrente. Antónimos: crente.
  3. adx e s

    Que ou quen non cre o que lle din ou ve.

    Ex: Non me convenceu, nese tema son moi descrida. É tan descrida que non recoñece o evidente.