descualificación
(
-
s
f
Acción e efecto de descualificar.
-
s
f
[DEP]
Sanción disciplinaria que se aplica contra un participante nunha competición (deportista ou equipo) e que implica a súa retirada da mesma, decretada polos árbitros ou xuíces como castigo pola comisión dunha falta grave contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas. Nos deportes individuais, unha descualificación implica, na maior parte dos casos, a eliminación da clasificación final dos rexistros obtidos ata ese momento polo descualificado. Nos deportes colectivos pódese descualificar un membro dun equipo e impedir que continúe participando no xogo, aínda que iso non sempre implica que os rexistros acadados ata aquel momento polo descualificado a prol do seu equipo se desboten. Nalgúns deportes colectivos, a descualificación dun xogador obriga o seu equipo a participar a partir de entón cun membro menos ata o remate da proba (por exemplo no fútbol); noutros existe a posibilidade de recuperar o número inicial de xogadores, pero nunca o xogador descualificado, despois de que transcorra un tempo determinado (por exemplo no balonmán); tamén hai outras especialidades deportivas nas que o equipo pode substituír inmediatamente o descualificado (por exemplo no baloncesto). A descualificación pode sinalarse con distintas xestoformas, como pode ser amosar un cartón vermello.