desdobramento

desdobramento

(

  1. s m

    Acción e efecto de desdobrar ou desdobrarse.

  2. s m [QUÍM]

    Descomposición na que unha molécula, que consta de dúas ou máis de carácter simple, se reduce a estas moléculas compoñentes. Así, a graxa desdóbrase en moléculas de ácido graxo e de glicerina mediante unha saponificación.

  3. desdobramento da personalidade [PSIC/PAT]

    Coexistencia nun mesmo suxeito de dous xeitos de comportamento: un, socialmente adaptado e de motivación consciente; e outro, patolóxico, determinado polo inconsciente.

  4. desdobramento silábico [LING]

    Omisión dunha sílaba pola súa semellanza con outra.

    Sinónimos: haploloxía.

Palabras veciñas

desdiploidizar | desdita | desdobrable | desdobramento | desdobrar | desdourar | desdouro