Desengaño, El

Desengaño, El
[PUBLIC]

Periódico fundado en Vigo en 1872 e que cesou a súa edición o 29 de setembro de 1873. Dirixido por Luís A. Mestre Hernández, quen tamén foi propietario, redactor e administrador, contaba coa colaboración de Xoán Manuel Pintos, Luís Taboada, Teodosio Vesteiro Torres, Nicolás Taboada Leal, Xoán Neira Cancela, Valentín Lamas Carvajal, Alberte Camino, Enrique de Lema, Antonio de Trueba e Emilia Calé, entre outros. Incluía as seccións “Revista de la semana”, con artigos de carácter social, económico ou artístico, “Cartas viguesas”, crítica de libros, xeroglíficos e “Charadas en verso”, acompañadas de poesías, lendas, contos e estudios históricos e políticos. Substituta de La Caridad, reuniu un número importante de sinaturas da intelectualidade viguesa e española daqueles tempos.

Palabras veciñas

desenganar | desenganchar | desengano | Desengaño, El | desengarzar | desengastar | desengatillar