desensibilización

desensibilización

(

  1. s f [MED]
    1. Perda da sensibilidade nerviosa, sexa por administración dun anestésico ou por lesión dun nervio.

    2. Redución ou supresión da reacción de hipersensibilidade a un alérxeno que se produce pola administración repetida en cantidades coñecidas.

  2. s f [PAT]

    Estado anafiláctico dun organismo que non tolera os antíxenos.

  3. s f [PSIC]

    Terapia do comportamento coa que se pretende que o paciente se enfronte ás súas angustias e complexos.

  4. s f [IMAX]

    Procedemento polo que se diminúe a sensibilidade dunha superficie fotosensible.

Palabras veciñas

desensandecer | desensarillar | desensebar | desensibilización | desensibilizante | desensibilizar | desensilvar