desfeita

desfeita

(< desfacer)

  1. s f

    Grave dano, calamidade ou destrución.

    Ex: As inundacións provocaron unha desfeita na cidade.

    Confrontacións: catástrofe, estrago, hecatombe.
  2. s f

    Tarefa de cortar o porco ou outro animal, despois da mata.

    Sinónimos: despezamento.
  3. s f

    Falta de orde ou organización.

    Ex: Esta habitación é unha desfeita.

  4. s f [LIT]

    Estrofa formada por versos hexasílabos ou octosílabos que se empregaba como remate na poesía de España do s XV, amodo de resumo ou conclusión do asunto tratado nos versos que a preceden. É frecuente atopala ligada aos romances, zékheles, cancións, panxoliñas ou dicires. Desenvolve o tema da composición na que se inclúe dunha forma máis concisa, centrando a atención nun só motivo dos que aparecen e que se pretende destacar como o máis importante. Co tempo, independizouse do texto ao que pertencía e comezou a circular solta sen alusións ao poema ao que pertencía.

Formas incorrectas

descalabro

Palabras veciñas

desfebrar | desfechamento | desfechar | desfeita | desfeito -ta | desferrado -da | desferrar