desgaste

desgaste

(< desgastar)

  1. s m

    Acción e efecto de desgastar ou desgastarse.

  2. s m [LING]

    Tendencia dos falantes a reducir o corpo fonético das palabras para aforrar sons innecesarios ou moi pouco informativos en diversas zonas. Así, por exemplo, explícase en galego moderno a redución de vostede por vossa mercee do galego medieval.

  3. s m [XEOG]

    Perda de masa dun croio a causa do rozamento orixinado polo transporte.

  4. proba de desgaste [CONSTR/ENX]

    Conxunto de probas, nunhas condicións previamente establecidas, coas que se compara o desgaste dos principais materiais que se utilizarán na pavimentación de estradas, co fin de determinar cáles son os máis axeitados.

Palabras veciñas

desgasificador -ra | desgastado -da | desgastar | desgaste | desgaxar | desgaxo | desgobernar