desgraciado -da

desgraciado -da

(

  1. p reg

    de desgraciar ou desgraciarse.

  2. adx e s

    Que ou quen sofre unha desgracia.

    Ex: Descendía dunha familia desgraciada á que nunca lle sorriu a fortuna. É un desgraciado ó que nada lle sae ben.

  3. adx e s

    Que ou quen está nunha mala situación, en especial económica.

    Ex: Enviaron axuda para aquelas desgraciadas xentes víctimas da miseria. Deulle cartos a un desgraciado que pedía nun banco do parque.

  4. adx

    Que está dominado pola mala sorte.

    Ex: Para nós fora un día desgraciado.

  5. adx

    Que comporta ou causa desgracia.

    Ex: Un desgraciado suceso impediu que se realizasen os seus soños.

  6. s

    Persoa que merece desprezo.

    Ex: Casou cun desgraciado que lle fixo a vida imposible.

Palabras veciñas

desgornecer | desgornecido -da | desgracia | desgraciado -da | desgraciar | desgravación | desgravar