deshidratación

deshidratación

(

  1. s f

    Acción e efecto de deshidratar ou deshidratarse.

    Ex: Tantas horas ó sol provocáronlle unha grave deshidratación.

  2. s f [ALIM]

    Método de preservación dos alimentos utilizado polas industrias alimentarias que ten por finalidade a eliminación parcial da auga contida nos mesmos, xa que a presenza desa auga é motivo da alteración microbiolóxica e enzimática dos alimentos. Outra das vantaxes é a redución do peso e do volume, feito que facilita o transporte e o almacenamento. Neste proceso, o contido da auga pasa dun 80-90% a un 10-15%. Existen distintos métodos de deshitratación entre os que destacan o desecamento ou a liofilización.

  3. s f [PAT/MED]

    Diminución da cantidade de auga do organismo como resultado dun desequilibrio entre as achegas e as perdas de auga, ou da auga e dos sales conxuntamente. A deshidratación extracelular prodúcese pola perda de auga sen perda de sales, o que se coñece como deshidratación hipertónica, ou pola perda de sales e auga, o que se chama deshidratación isotónica. A deshidratación intracelular débese ao aumento da osmolaridade do plasma co paso da auga do espazo intracelular ao espacio extracelular.

Palabras veciñas

desherdamento | desherdar | deshidrase | deshidratación | deshidratador -ra | deshidratadora | deshidratante