desinfección
(
-
s
f
[MICROB]
Conxunto de accións dirixidas a eliminar, destruír ou inactivar os xermes nocivos ou os microorganismos patóxenos que un obxecto ou un ser vivo poden conter ou que o poden acompañar. Os procedementos habituais de desinfección son o lavado cunha disolución acuosa de desinfectante, a pulverización ou a impregnación das superficies a tratar e a fumigación con gases en lugares pechados. A desinfección de obxectos inanimados é un problema diferente da desinfección de tecidos vivos. No primeiro caso, hai que destruír todos os xermes (esterilización) xa que, se permanecen vivas algunhas bacterias, se reproducen rapidamente. No segundo caso, os tecidos vivos dispoñen de mecanismos de defensa contra a invasión bacteriana, e a finalidade dos desinfectantes usados (antiséptico) é a de axudar á xa mencionada defensa; moitas veces é suficiente a inhibición do crecemento dos xermes.
-
desinfección do solo
[BOT]
Práctica de cultivo que se emprega na horticultura intensiva, consistente na aplicación de fumigantes ou vapor de auga para destruír ou polo menos reducir a poboación de parasitos e patóxenos do solo que se puidesen desenvolver como consecuencia dun cultivo precedente, a uns niveis economicamente aceptables.