desmineralización

desmineralización

(

  1. s f [QUÍM]

    Operación na que se eliminan os compostos minerais da auga para obter outra libre de sales. Pódese realizar por procedementos químicos de intercambio iónico e de destilación. Unha cadea completa de desmineralización por intercambio consta dun cambiador catiónico, dun cambiador aniónico feble, dun desgaseador e dun cambiador aniónico forte.

    Sinónimos: desionización.
  2. s f [PAT]

    Eliminación de cantidades excesivas de substancias minerais como fosfatos, sales de calcio, de potasio ou de sodio, que se produce sobre todo en determinadas enfermidades ou polo uso prolongado de certos fármacos. Elimínanse principalmente a través dos ouriños ou dos excrementos.