desmitificación
desmitificación
(
-
s
f
Acción de desmitificar.
Ex: Neste libro hai unha desmitificación da revolución.
-
s
f
[FILOS]
Proceso que consiste en anular os mitos. O interese pola desmitificación dominou o pensamento filosófico-teolóxico de finais do s XIX e comezos do XX (desmitoloxización). Superada esta perspectiva, aceptouse que a verdadeira tarefa do pensamento non era desfacer os mitos, senón interpretalos correctamente.