desmonetización
(
-
s
f
Acción de desmonetizar.
-
s
f
[ECON]
Abandono do uso dun metal no sistema monetario. O caso máis importante de desmonetización aconteceu no s XIX cando a moeda de prata perdeu valor e diminuíu a demanda deste metal para cuñaxes monetarias.
-
s
f
[FILAT]
Declaración de caducidade dunha emisión de selos de correo para o franqueo de correspondencia. A introdución do euro como moeda oficial circulante no ámbito da Unión Económica e Monetaria europea a partir do 1 de xaneiro de 2002, supuxo a desmonetización dos selos emitidos anteriormente cun valor facial que se expresaba nas diferentes moedas nacionais dos 12 estados incorporados inicialmente á nova divisa. En España, todos os selos emitidos con anterioridade a xaneiro de 2001 (con facial en pesetas) deixaron de ter validez postal o 1 de marzo de 2002 despois de que se esgotase o período transitorio de convivencia da circulación das dúas moedas. Os selos emitidos en 2001, con facial expresado en pesetas e a súa equivalencia en euros, continuaron vixentes despois desa data. No resto dos países da UEM seguiuse un procedemento semellante, con lixeiras diferencias nas datas.