Despeñaperros

Despeñaperros

Porto natural de Sierra Morena. É o único que comunica a Meseta coa depresión do río Guadalquivir, no límite entre Castela-A Mancha e Andalucía. É unha garganta estreita formada pola erosión regresiva do río Despeñaperros, que captura as augas do sector S da Mancha. Constitúe tamén un límite bioxeográfico e o inicio da vexetación bética. A súa importante función para as comunicacións acelérase coa colonización de Sierra Morena no s XVIII, cando foi construída a estrada, e coa chegada do ferrocarril no ano 1886.