despoboamento

despoboamento

(< despoboar)

  1. s m

    Acción e efecto de despoboar ou despoboarse.

    Ex: O turismo rural evitou o despoboamento dalgunhas aldeas.

    Antónimos: poboamento.
  2. s m [DEMOG]

    Diminución da poboación dun territorio concreto, que pode deberse a un desprazamento emigratorio cara a outros lugares ou a un incremento maior das defuncións respecto aos nacementos, con implicacións negativas directas no desenvolvemento económico desa área.

    Confrontacións: depopulación.

Palabras veciñas

desplumado -da | desplumar | despoboado -da | despoboamento | despoboar | despoetizar | despois