desprazar

desprazar

(< praza)

  1. v t

    Mover a alguén ou algo do lugar no que está.

    Ex: Desprazamos os estantes para pintar a parede.

  2. v t
    1. Facer que alguén abandone o seu cargo ou posto para que o pase a ocupar a persoa que o despraza.

      Ex: As súas artimañas conseguiron desprazala da presidencia.

    2. Substituír unha cousa por outra.

      Ex: Desprazaron as vellas máquinas por outras mellores.

  3. v t

    Desaloxar un corpo un volume de auga ou líquido igual ao da parte somerxida.

    Ex: Ese barco despraza dúas mil toneladas.

  4. v pron

    Moverse unha persoa ou cousa do lugar no que está.

    Ex: A carga do camión desprazouse porque non ía ben suxeita. Ela desprazouse á dereita para que puidese pasar eu.

  5. v pron

    Ir dun lugar a outro.

    Ex: Os escolares desprazáronse dez quilómetros para visitar o museo.

Conxugar
VERBO desprazar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazo
desprazas
despraza
desprazamos
desprazades
desprazan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazaba
desprazabas
desprazaba
desprazabamos
desprazabades
desprazaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despracei
desprazaches
desprazou
desprazamos
desprazastes
desprazaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazara
desprazaras
desprazara
desprazaramos
desprazarades
desprazaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazarei
desprazarás
desprazará
desprazaremos
desprazaredes
desprazarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazaría
desprazarías
desprazaría
desprazariamos
desprazariades
desprazarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprace
despraces
desprace
despracemos
despracedes
despracen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazase
desprazases
desprazase
desprazasemos
desprazasedes
desprazasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazar
desprazares
desprazar
desprazarmos
desprazardes
desprazaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
despraza
-
-
desprazade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desprazar
desprazares
desprazar
desprazarmos
desprazardes
desprazaren
Xerundio desprazando
Participio desprazado
desprazada
desprazados
desprazadas