desproporción

desproporción

(< desproporcionar)

  1. s f

    Falta de proporción ou equilibrio entre as partes dunha cousa ou entre dúas ou máis cousas.

    Ex: Hai unha gran desproporción entre os dous planos presentados para o mesmo proxecto.

  2. reacción de desproporción [QUÍM]

    Reacción de autooxidación-redución pola que unha substancia osixenada dá lugar a outras dúas, unha máis rica en osíxeno cá outra.