destemperar

destemperar

(< des- + temperar)

  1. v t

    Facer que un metal perda o tempero.

    Ex: Destemperou o ferro no forno.

    Antónimos: temperar.
  2. v t

    Facer que algo perda a súa harmonía ou afinación, especialmente un instrumento musical.

    Ex: Era a primeira vez que tocaba a guitarra e destemperouna. Deixou o tabaco porque lle destemperaba a voz.

    Sinónimos: desafinar. Antónimos: temperar.
  3. v t

    Facer que algo ou alguén perda a súa harmonía ou equilibrio.

    Ex: Aquel contratempo destemperou os seus nervios.

  4. v pron

    Perder algo a súa harmonía ou afinación, especialmente un instrumento musical.

    Ex: O violín destemperouse porque non se usaba dende había moitos anos.

    Antónimos: temperar.
  5. v pron

    Alterarse ou perder a moderación alguén.

    Ex: Destemperouse cando non foi convocado coa selección de balonmán.

  6. v pron

    Sentir certo malestar físico acompañado dalgunha outra alteración, como febre ou frío.

    Ex: Saín á rúa pola noite e destempereime.

Palabras veciñas

destemido -da | destemperado -da | destemperanza | destemperar | destempero | destempo, a | Desteriz
Conxugar
VERBO destemperar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destempero
destemperas
destempera
destemperamos
destemperades
destemperan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperaba
destemperabas
destemperaba
destemperabamos
destemperabades
destemperaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperei
destemperaches
destemperou
destemperamos
destemperastes
destemperaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperara
destemperaras
destemperara
destemperaramos
destemperarades
destemperaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperarei
destemperarás
destemperará
destemperaremos
destemperaredes
destemperarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperaría
destemperarías
destemperaría
destemperariamos
destemperariades
destemperarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destempere
destemperes
destempere
destemperemos
destemperedes
destemperen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperase
destemperases
destemperase
destemperasemos
destemperasedes
destemperasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperar
destemperares
destemperar
destemperarmos
destemperardes
destemperaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
destempera
-
-
destemperade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
destemperar
destemperares
destemperar
destemperarmos
destemperardes
destemperaren
Xerundio destemperando
Participio destemperado
destemperada
destemperados
destemperadas