detalle
detalle
(
-
s
m
Particularidade que non é indispensable, pero que completa algo embelecéndoo.
Ex: Aínda lle faltan moitos detalles na casa nova.
-
s
m
Cada un dos datos ou circunstancias que axudan a comprender ou coñecer algo.
Ex: Contoume os detalles da discusión con Xoán.
Sinónimos: pormenor. -
s
m
Aspecto parcial ou ampliado de algo.
Ex: Interesouse polo detalle do cadro que viña no periódico.
Sinónimos: pormenor. -
s
m
Lista detallada con todas as especificacións.
Ex: Fai sempre o detalle das vendas.
Sinónimos: pormenor. -
s
m
Cousa que se dá ou se fai como mostra de atención cara a unha persoa.
Ex: Non me gustou ese detalle que tivo cos teus pais. Ex: Foi todo un detalle que me invitara á voda. Non sei qué regalarlle, así que lle levarei un detalle. OBS: En determinados contextos pode significar acto falto de delicadeza.