detractio*
detractio*
s
f
[LIT]
Categoría modificativa proposta por Quintiliano no eido da retórica. Consiste na supresión dun elemento formal ou semántico nunha palabra ou oración de forma parcial ou total. Agrupa figuras de dición, como a elipse (detractio suspensiva), o zeugma (detractio parentética) e o asíndeto.