deuterocanónico -ca
deuterocanónico -ca
(< deutero- + canónico)
adx
[RELIX]
Cada un dos libros bíblicos recollidos na tradución grega do Antigo Testamento e na Vulgata, excluídos do canon xudeu. A canonicidade destes libros non chegou a definirse na Igrexa Católica ata finais do Concilio de Trento (1546). A eséxese da Igrexa Reformada refírese a eles como libros apócrifos.