deuteromiceto -ta
deuteromiceto -ta
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos deuteromicetos.
-
s
m
[FUNGO]
Fungo do grupo dos deuteromicetos.
-
s
m pl
[FUNGO]
Grupo artificial de fungos formado por aquelas especies das que só se coñece a multiplicación vexetativa. Esta situación pode deberse a que aínda non se detectaran as frutificacións sexuais ou que o fungo perdera a capacidade de formalas. Cando se chega a coñecer o tipo de reprodución sexual, o resultado máis común é que pertenzan á subdivisión das ascomicotinas. Moitos deles teñen unha grande importancia económica ao interviren nos procesos de descomposición da materia orgánica, na produción de antibióticos ou polo feito de ser fitoparasitos. Existen unhas 30.000 especies de fungos considerados como deuteromicetos.