Devětsil

Devětsil

Asociación vangardista de pintores, escultores, arquitectos, fotógrafos, directores de cine, deseñadores e escritores fundada en Praga en 1920 e activa ata 1931. O seu nome é un composto dos termos checos devět ‘nove’ e sil ‘forzas’. Inicialmente, acolleu tamén os construtivistas, pero desenvolveu unha liña próxima ao poetismo. O líder do grupo, Karel Teige, promoveu a reconciliación entre o utilitarismo e a subxectividade lírica na corrente que se chamaría “Construtivismo e Poetismo”. Arquitectos como Jaromír Krejcar e Karel Honzík, investigaron a xeometría da arquitectura cun elemento de poesía, mentres que pintores e fotógrafos como Toyen ou Jindrich Styrsky, seguiron a liña surrealista. A comezos dos anos trinta, cando o grupo se disolveu, moitos dos seus membros, incluído Teige, se adheriron ao grupo surrealista checo. Publicaron dous manifestos poetistas (1923 e 1928) e editaron as revistas Dick, Pasmo e Red.

Palabras veciñas

Devesas | Deveso, O | Devesos | Devětsil | devezo | dēvī* | devidar