Devolución, guerra de

Devolución, guerra de

Conflito entre as monarquías hispánica e francesa (1667-1668) provocado pola reivindicación de Luís XIV dos territorios de Flandres para a súa muller María Teresa, filla de Filipe IV. Polo Tratado dos Pireneos, María Teresa renunciou aos seus dereitos á coroa hispánica, pero o incumprimento dalgunhas normas do dereito flamengo deulle pé a Luís XIV para invadir Flandres e o Franco Condado en 1667. Este feito provocou o receo dalgunhas potencias (Inglaterra, Holanda e Suecia), que se uniron en 1668 na Triple Alianza. Despois destas confrontacións militares chegouse ao Tratado de Aachen (maio de 1668).

Palabras veciñas

devocionario | devolto -ta | devolución | Devolución, guerra de | devolutivo -va | Devoluy, Pierre | devolver