diafonía
diafonía
(
-
s
f
[MÚS]
Termo que na teoría da música grega antiga era sinónimo de disonancia por oposición a sinfonía, e indicaba consonancia. Nos ss IX-XI designou unha forma primitiva na que as voces se movían oblicuamente ou paralelamente.
-
s
f
[COMUN/FÍS]
Transferencia indesexada de información desde un circuíto ou canle de transmisión ou ben desde un sistema de memoria, a outro que está situado preto a causa de efectos diversos como a indución electromagnética ou a electrostática. Cando os circuítos transmiten na mesma frecuencia prodúcese diafonía intelixible, pero cando as frecuencias son diferentes a diafonía é inintelixible. Adoita ser medida con relación á potencia do sinal útil e á do sinal indesexado, expresada en dB.