diagnose

diagnose

(

  1. s f

    Acción de diagnosticar.

  2. [MED]
    1. diagnose diferencial

      Determinación da enfermidade que sofre un paciente despois do estudio comparativo dos seus síntomas e dos signos biolóxicos e clínicos, xunto cos das diversas afeccións de sintomatoloxía similar que poderían aflixilo.

    2. diagnose prenatal

      Conxunto de técnicas diagnósticas practicadas durante o embarazo para determinar algunha malformación ou anomalía que puidese producir un defecto no seu desenvolvemento, en especial alteracións cromosómicas ou metabólicas.

    3. s f

      Coñecemento do estado psicofísico do organismo adquirido a través da observación de diversos signos diagnósticos. Este coñecemento obtense por medio do interrogatorio do enfermo, da súa observación clínica e do seu estudo analítico. O interrogatorio do enfermo é o que en termos clínicos se denomina historia clínica. A observación clínica do enfermo pode ser ocular, por palpación, por percusión e por auscultación. Os estudios analíticos poden ser biolóxicos, anatómico-patolóxicos ou radiolóxicos. A través dos datos conseguidos da clínica e destas exploracións especializadas, é posible determinar non só o tipo de enfermidade, senón tamén definir o seu estado evolutivo. A catalogación da enfermidade ten lugar da comparación que o médico fai cuns prototipos de enfermidade preestablecidos. Pódese dispoñer actualmente do uso de aparatos electrónicos que recollen, ordenan e seleccionan datos que lles foron proporcionados, ao mesmo tempo que ofrecen imaxes de comparación que permiten ao médico chegar a unhas conclusións que son a base da diagnose.

    4. diagnose topográfica

      Diagnose que determina o lugar onde está a enfermidade.

  3. s f [BIOL]

    Descrición concisa dos caracteres dun organismo ou dun grupo taxonómico.

  4. diagnose do tempo [METEOR]

    Estudio do estado do tempo mediante as relacións existentes entre todos os elementos que o determinan. Os observatorios meteorolóxicos plasman diariamente a súa expresión gráfica a través dos mapas sinópticos. A diagnose sucesiva do estado do tempo permite determinar o prognóstico ou predición do tempo.