diálise
(< grδιάλυσις ‘disolución’)
-
s
f
[QUÍM/BIOQ]
Proceso de difusión selectiva a través dunha membrana, que permite separar solutos de baixo peso molecular, capaces de difundirse a través dos poros da membrana, doutras macromoléculas que non poden facelo, presentes no seo da solución. Thomas Graham foi o primeiro en levar a cabo unha diálise para a que empregou membranas de pergamiño co fin de separar sales inorgánicos ou glicosa de proteínas. Posteriormente, as membranas de pergamiño substituíronse polas de celofán.
-
diálise peritoneal
[MED]
Técnica que permite a depuración do sangue extrarrenal a través do peritoneo, que funciona como unha membrana, e que consiste na introdución na cavidade peritoneal dun líquido de diálise que logo se extrae. Repítese este procedemento varias veces consecutivas.
-
diálise renal
[MED]
Técnica utilizada para eliminar a urea do sangue naqueles enfermos que non presentan unha boa función renal. O sangue bombéase desde unha arteria cara a un dializador, onde se filtra por medio dunha membrana semipermeable, despois o sangue depurado volve ao organismo a través dunha vea.
Sinónimos: hemodiálise.