dializador

dializador

(< diálise)

s m [TECNOL]

Aparato que se emprega para efectuar a diálise. É un recipiente dividido por unha membrana semipermeable e cheo da solución que se quere dializar, a un lado, e do solvente puro, ao outro. Os ións da solución que se vai dializar e as moléculas pequenas, que poden atravesar os poros da membrana, pasan ao solvente puro e as moléculas grandes permanecen no outro lado. Un tipo concreto é o hemodializador, que serve para purificar o sangue.