dialoxismo
(< lat dialogismu < grδιαλογισμός)
-
s
m
[LIT]
Figura retórica de pensamento coñecida como sermocinatio. Consiste na presentación textual das reflexións interiores que un suxeito mantén consigo mesmo, ben en forma de diálogo con preguntas e respostas, ben en forma de monólogo en que se intercalan “interpelacións deliberativas” dirixidas á súa propia conciencia (que facer?, que pensar?).
-
s
m
[LIT]
Concepto que, fronte á estilística tradicional que consideraba a obra literaria coma un todo pechado e autónomo, defende a súa interacción constante con outros enunciados (lingüísticos, sociais, culturais) e, dentro do propio discurso, entre os diversos puntos de vista, voces (heterofonía), rexistros lingüísticos (heteroglosia) e variedades lingüísticas individuais (heteroloxía), a través das intervencións do autor, dos narradores e dos personaxes. Característica específica do xénero novelesco, especialmente a partir de Dostojevskij, aínda que pode haber antecedentes nos diálogos platónicos, na sátira menipea ou na literatura carnavalesca da Idade Media, a novela foi a que mellor introduciu o concepto ao se producir nela a interacción entre diferentes puntos de vista, voces e estilos fronte á épica, lírica ou prosa doutrinal, que reducen esta interactividade e se asentan mesmo no monoloxismo ou potencian a figura do eu autorial.