diapasón
(
-
s
m
[MÚS]
-
Termo da teoría musical grega, medieval e renacentista, que designaba tanto o intervalo de oitava como a gama de sons comprendidos no ámbito dunha oitava.
-
Son de referencia convencional que condiciona a afinación dos sons restantes do sistema musical. A frecuencia-tipo oscilou segundo as épocas e os países; en 1859 fixouse en 435 períodos por segundo para la 3 e en 1939, na Conferencia Internacional de Londres, acordouse fixar o diapasón en 440 períodos por segundo.
-
Extensión dos sons dunha voz ou dun instrumento musical, do máis grave ao máis agudo.
-
-
s
m
[MÚS]
Pequeno instrumento metálico con forma de forca que ao vibrar produce un son musical dunha altura determinada, habitualmente en la 3 . Inventado en 1711 por John Shore, serve para afinar os instrumentos, dar o ton aos executantes e efectuar experiencias acústicas.
-
s
m
[MÚS]
Peza de madeira, xeralmente de ébano, fixada sobre o mastro dos instrumentos de corda fretada ou pulsada, sobre a que os dedos da man esquerda premen as cordas para facer variar a altura do seu son.
-
s
m
[MED]
Instrumento metálico en forma de U que se utiliza na exploración e na diagnose dos trastornos auditivos.
-
s
m
[FÍS]
Fonte sonora de ton fixo, constituída por unha variña dobrada pola metade e que vibra de maneira transversal. Utilízase como patrón.