diaporama

diaporama

(

s m [IMAX]

Técnica audiovisual que consiste na proxección dunha serie de diapositivas en sincronización co son. Os instrumentos que se usan normalmente son: os proxectores de diapositivas, como medio para presentar as imaxes, e o magnetófono, que serve como soporte do son. A presentación do guión da historia compleméntase coas secuencias ou imaxes que van aparecendo simultaneamente. A clave dun diaporama de calidade radica na integración das diferentes linguaxes que emprega, de tal xeito que non se estorben entre si, nin sexan redundantes.

Palabras veciñas

Diapheromera | diapírico -ca | diapiro | diaporama | Diaporthe | diapositiva | diápsido