Diario, El

Diario, El
[PUBLIC]

Xornal de tendencia monárquico-liberal aparecido o 15 de novembro de 1882 en Pontevedra. Fundado e dirixido por Andrés Landín, saía diariamente agás festivos. Contaba con catro páxinas a catro columnas e incluíu información política de Madrid, novas da provincia, de Galicia e do estranxeiro, e datos sobre o servizo de correos, o ferrocarril e o estado do mar. As súas críticas centrábanse fundamentalmente nos canovistas e nos progresistas. Publicou diversas composicións poéticas na sección “Variedades”, entre as que destacan “Ben-vida d’o Sr. d. Eduardo Vincenti Reguera. Diputado a Cortes por Pontevedra” de Manuel Martínez González, e “Miña terra”, “Recordos”, “Nai infelis” e “A ela”, de Albino Simán, xunto con contos de R. Pesqueira Crespo e Francisco Añón.

Palabras veciñas

Diario, El | Diario, El | Diario, El | Diario, El | Diario, El | Diario,El | diarista