Diario de Vigo

Diario de Vigo
[PUBLIC]

Periódico editado en abril de 1884 en Vigo e que se definiu como democrático. Cesou o 31 de agosto de 1885 (nº 400) e foi substituído por El Independiente. Fundado e dirixido por Federico Rodríguez Arosa e Emiliano Taboada Fernández, contou cun consello de redacción formado polos propios directores, xunto con Luís A. Mestre e Ángel Bernárdez. Aínda que a maior parte dos seus artigos ían asinados por un “corresponsal”, colaboraron nel Manuel Navarro Murillo, Daniel Balaciart e Héctor F. Varela. Imprimiuse todos os días, agás festivos, nos obradoiros tipográficos de Taboada e Rodríguez. A súa vinculación co republicanismo levoulle a diversos enfrontamentos co bispo de Tui, Fernando Hué, quen condenou a súa edición mediante un decreto de excomuñón asinado en decembro de 1884. Publicou o folletín por entregas La Rosa de Castro, de M. Pedro Napoleón Bonaparte, que se repartía conxuntamente.