diástole

diástole

(

  1. s f [FISIOL]

    Fase da actividade cardíaca na que os músculos cardíacos, tanto das aurículas como dos ventrículos, se relaxan e as aurículas se enchen de sangue que chega polas veas. Xunto coas sístoles, auricular e ventricular, constitúe o ciclo cardíaco.

  2. s f [LIT]

    Licencia poética que consiste en facer longa unha sílaba breve.

  3. s f [LING]

    Cambio do acento dunha palabra para a sílaba seguinte.