diatonismo
diatonismo
(
s
m
[MÚS]
Sistema heptatónico que observa unha determinada distribución entre os cinco tons e os dous semitóns que hai en cada oitava. Baséase nunha selección de sete notas contiguas do ciclo das quintas. Ao presentar estas sete notas do grave ao agudo, ou do agudo ao grave, aparece unha secuencia de tons e de semitóns que se repite en todas as oitavas. As escalas modais e as escalas maior e menor son diatónicas pero cada escala comeza por unha nota diferente, a tónica, e, polo tanto, cada unha presenta a mencionada secuencia de tons e de semitóns a partir dun lugar diferente.