díbatag

díbatag

(< somalí dabu ‘cola’ +somalí tag ‘erecta’)

Nome científico: [Ammodorcasclarkei, Fam dos bóvidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero artiodáctilo de ata 90 cm de lonxitude e 35 kg de peso, co pescozo curto e fino. O macho presenta cornos curtos e estriados, coas puntas curvadas cara a adiante. O seu pelame é de cor cinsenta arrubiada na parte superior e de cor branca na parte inferior e na parte alta do lombo. Viven en grupos pequenos, de entre 3 e 6 individuos, aínda que os machos adoitan ter hábitos solitarios. Para acceder á ramaxe das árbores poden levantarse sobre as patas traseiras. As femias paren unha única cría de 3 kg, logo de 220 días de xestación. Habita en chairas abertas con matogueiras e arbustos espiñentos de Etiopia e Somalia.

Palabras veciñas

diazotipia | diazotrófico | dibásico -ca | díbatag | Dibbets, Jan | dibetu | diblástico -ca