ditiofárido -da

ditiofárido -da

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ditiofáridos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos ditiofáridos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de percebellas, da suborde dos homópteros, caracterizada por presentar na cabeza unha proxección cara a adiante e unha fileira de espiñas no extremo do segundo segmento tarsal das patas posteriores. Os adultos das distintas especies poden medir entre 3 e 33 mm de lonxitude e, xeralmente, son de cor verde, con ás membranosas e transparentes. Os ditiofáridos aliméntanse do zume de herbáceas e arbustos, aos que lles causan feridas que constitúen vías de penetración de infeccións, especialmente de fungos.