Dieckmann, condensación de

Dieckmann, condensación de
[QUÍM]

Reacción intramolecular que experimentan os diésteres da maioría dos ácidos dicarboxílicos, excepto os ésteres malónicos, formando un β cetoéster cíclico, sempre que poida formarse un anel sen case tensión. Foi descuberta por W. Dieckmann.

Palabras veciñas

didrovaltrato | Diebenkorn, Richard | Diebitsch, Hans von | Dieckmann, condensación de | diéctase | diédrico -ca | diedro