dilatación

dilatación

(< lat dilatatiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de dilatar ou dilatarse.

    Ex: Na clase estivemos estudiando a dilatación da meniña do ollo aplicándolle e quitándolle luz.

  2. s f [FISIOL]

    Operación empregada para aumentar o calibre dun orificio ou dun conduto.

  3. [FÍS]
    1. s f

      Aumento do volume e das dimensións dun corpo polo efecto da calor, sen modificación da súa natureza nin do seu estado. A dilatación que experimenta un corpo está determinada polo coeficiente de dilatación, do que se distinguen tres tipos: o lineal, considerando unha soa dimensión do corpo; o superficial, considerando dúas; e o cúbico, considerando as tres dimensións. No caso dos líquidos distínguese entre a dilatación aparente (a observada), e a dilatación absoluta (a real do líquido), polo feito de que tamén se dilata o recipiente.

    2. dilatación de tempos

      Efecto relativista segundo o que un reloxo en movemento mide un tempo superior ao equivalente dun reloxo en repouso.

  4. s f [MED]

    Aumento normal ou patolóxico das dimensións dun orificio, dunha cavidade ou dun órgano oco.

  5. dilatación do corpo [PAT]

    Engrandecemento das cavidades do corpo como consecuencia dun aumento do volume sanguíneo ou das resistencias da árbore circulatoria. Precede ou acompaña os estados de insuficiencia cardíaca.

Palabras veciñas

dilárido -da | dilatabilidade | dilatable | dilatación | dilatado -da | dilatador -ra | dilatancia