dileniáceo -a
dileniáceo -a
(< lat científico Dillenia)
-
adx
Relativo ou pertencente ás dileniáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das dileniáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de dileniais composta por uns dezaoito xéneros que agrupan máis de cincocentas especies de árbores, arbustos ou lianas propias das rexións tropicais. Algunhas dileniáceas cultívanse como ornamentais. Son característicos desta familia os xéneros Actinidia e Dillenia.