Dilettanti, Society of

Dilettanti, Society of

Sociedade artística situada en Londres. A súa orixe está nas reunións que dende 1732 realizaban algúns mozos, pertencentes á burguesía e á nobreza, nunha taberna londinense para discutir e mostrar opinións sobre a arte antiga. Financiaron expedicións arqueolóxicas, axudaron a lord Elgin na compra dos mármores do Partenón e moitos dos seus membros doaron as súas coleccións arqueolóxicas ao British Museum. Dende a súa fundación, nomearon un pintor oficial encargado de realizar os retratos dos seus membros, o primeiro deles foi George Knapton; posteriormente, ocuparon o cargo, entre outros, sir Joshua Reynolds e sir Thomas Lawrence.

Palabras veciñas

dilénido -da | diletante | diletantismo | Dilettanti, Society of | dilixencia | dilixenciador -ra | dilixenciar