diloxía

diloxía

(< lat dilogĭa < grδιλογία ‘ambiguo’)

s f [LIT]

Figura retórica de dicción de carácter semántico que consiste en repetir unha palabra ou construción gramatical con diferente significado segundo o enunciado. Desta forma, xógase coa ambigüidade e co dobre sentido das voces para obter unha maior eficacia expresiva. Xunto co calembur ou xogo de palabras (procedementos da aequivocatio), foi moi empregada polos trobadores galego-portugueses medievais nas cantigas de escarnio e maldicir, nas que a sátira aguda ou as referencias de tipo erótico-sexual aparecen ocultas ao empregar palabras con dobre sentido (segundo a Arte de trobar “palavras cubertas que ajã dous entendymentos”).

Sinónimos