diluente

diluente

(< diluír)

  1. adx

    Que dilúe.

    Ex: No caso do aceite non podes usar auga como diluente, xa que non se mesturan.

  2. s m [QUÍM]

    Substancia que se lle engade a outra para aumentar o grao de dispersión ou o volume, co que diminúe a concentración.

  3. s m [PINT]

    Líquido empregado para rebaixar a densidade da pintura co fin de obter a fluidez requirida polo pintor. Entre outros, emprégase a trementina para o óleo e a agua para a acuarela.

Palabras veciñas

dilucidar | dilución | dilúculo | diluente | diluído -da | diluír | diluvial